Era unha noite de lúa
Era unha noite clara
Eu pasaba polo río
De volta da muiñada
Topei unha lavandeira
Que lavaba ao par da auga
Ela lavaba no río
E unha cantiga cantaba
Moza que vés do muíño
Moza que ves pola estrada
Axúdame a retorcer
Miña sábana lavada
¡Santa María te axude
E San Lourenzo te valla!
Desparece a lavandeira
Como fumeira espallada
Onde as sábanas tendera
Poza de sangue deixara
Era unha noite de lúa
Era unha niote clara