Mägo de Oz

"Conxuro (2015)"

[Letra de "Conxuro (2015)"]

Mouchos, coruxas, sapos e bruxas
Demos, trasnos e dianhos, espritos das nevoadas veigas
Corvos, pintigas e meigas, feitizos das mencinheiras
Pobres canhotas furadas, fogar dos vermes e alimanhas
Lume das Santas Companhas, mal de ollo, negros meigallos, cheiro dos mortos, tronos e raios
Oubeo do can, pregon da morte, foucinho do satiro e pe do coello
Pecadora lingua da mala muller casada cun home vello
Averno de Satan e Belcebu, lume dos cadavres ardentes, corpos mutilados dos indecentes, peidos dos infernales cus, muxido da mar embravescida
Barriga inutil da muller solteira, falar dos gatos que andan a xaneira, guedella porra da cabra mal parida
Con este fol levantarei as chamas deste lume que asemella ao do inferno, e fuxiran as bruxas acabalo das sas escobas, indose bañar na praia das areas gordas
¡Oide, oide! os ruxidos que dan as que non poden deixar de queimarse no agoardente, quedando asi purificadas
E cando este brebaxe baixe polas nosas gorxas, quedaremos libres dos males da nosa ialma e de todo embruxamento
Forzas do ar, terra, mar e lume, a vos fago esta chamada: si e verdade que tendes mais poder que a humana xente, eiqui e agora, facede cos espritos dos amigos que estan fora, participen con nos desta queimada

A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z #
Copyright © 2018 Bee Lyrics.Net